Mostrando entradas con la etiqueta MOVIMENTOS CIVÍS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MOVIMENTOS CIVÍS. Mostrar todas las entradas

domingo, 4 de noviembre de 2012

INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR: DACIÓN EN PAGO

Elabora unha composición escrita na que se inclúa unha valoración crítica tendo en conta a información proposta nesta entrada.
Data de entrega: luns, 12 de novembro.

Que é unha INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR?

Que papel teñen estas iniciativas no sistema democrático español?

Campaña para a recollida de sinaturas para a presentación no Congreso dos deputados dunha ILP que terá como obxecto solicitar a modificación da Lei Hipotecaria co fin de regular a DACIÓN ENPAGO.

Movimento 15M contra os desahucios

A onde van os nososo impostos?


jueves, 3 de mayo de 2012

GANDHI

A través do seguinte enlace podes acceder ao cuestionario que deberás cumprimentar logo de que remate a película. Nel encontrarás acceso á ficha técnica da longametraxe, aforismos e cuestións relacionadas co visionado.
http://www.edu.xunta.es/centros/iesaquiscelenis/node/529


martes, 6 de marzo de 2012

O SANGUE DOS ANIMAIS

Tamén en PARA VER MÁIS P.E.T.A. (ORGANIZACIÓN INTERNACIONAL DE PERSOAS POLA ÉTICA NO TRATO COS ANIMAIS)

martes, 31 de enero de 2012

O PRIMEIRO FEMINISMO

OLYMPE DE GOUGES Un achegamento á vida e á obra desta feminista histórica:
MARY WOLLSTONECRAFT Sobre a vida e a obra da feminista: EMMA GOLDMAN Sobre a vida e a obra da feminista:

jueves, 24 de noviembre de 2011

A DEMOCRACIA A EXAME - MOVIMENTO 15-M

A democracia a exame: democracia representativa-democracia asamblearia. Actividade da materia Ética e filosofía do dereito. Departamento de filosofía. Curso 2011-2012. IES AQUIS CELENIS. Venres, 11 de novembro.

miércoles, 16 de noviembre de 2011

A APARIENCIA DEMOCRÁTICA NA PUBLICIDADE

En relación coa charla que tivemos sobre democracia representativa e democracia asamblearia e as cuestións relacionadas, nomeadamente a das relacións entre economía e política, creo que é interesante botarlle unha ollada a estas dúas campañas publicitarias. A primeira é a do manifesto fresh banking, do banco on line ING.
 http://www.manifiestodelfreshbanking.com/
A segunda, da compañía de telefonía móbil Movistar. Dous exemplos da alquimia publicitaria, do poder máxico da súa linguaxe, que é capaz de xuntar os contrarios, non sei se se entende. Comezamos examinando as calidades metafísicas do fresh banking E continuamos co "movimento asambleario" de Movistar. Que güai.

viernes, 4 de noviembre de 2011

A DEMOCRACIA A EXAME (ACTIVIDADE)


martes, 24 de mayo de 2011

PARO XUVENIL EN ESPAÑA

http://www.slideshare.net/guesta992e5b/gel-paro-juvenil-en-espaa-3016063

MANIFESTO 15-M

Manifesto DEMOCRACIA REAL XA




Somos persoas normais e correntes. Somos coma ti: xente que se levanta polas mañás para estudar, para traballar ou para buscar traballo, xente que ten familia e amizades. Xente que traballa arreo todos os días para vivir e darlles un futuro mellor a quen nos rodea.
Algunhas destas persoas considerámonos máis progresistas, outras máis conservadoras. Unhas crentes, outras non. Unhas temos ideoloxías ben definidas, outras considerámonos apartidarias e outras apolíticas… Pero todas e todos estamos preocupados, indignados polo panorama político, económico e social que vemos arredor de nós. Pola corrupción da clase política, empresarial e da banca… pola indefensión da cidadanía de a pé.
Esta situación fainos dano día tras día. Pero se nos unimos, podemos mudala. É hora de pórse en movemento, hora de construírmos entre todos, entre todas, unha sociedade mellor. Por iso sostemos firmemente o seguinte:

  • As prioridades de toda sociedade avanzada deben ser a igualdade, o progreso, a solidariedade, o libre acceso á cultura, a sustentabilidade ecolóxica e o desenvolvemento, o benestar e a felicidade das persoas.
  • Existen uns dereitos básicos que deberían estar cubertos nestas sociedades: dereito á vivenda, ao traballo, á cultura, á saúde, á educación, á participación política, ao libre desenvolvemento persoal e ao consumo dos bens necesarios para unha vida saudable e feliz.
  • O actual funcionamento do noso sistema económico e gobernamental non atende a estas prioridades e constitúe un atranco para o progreso da humanidade.
  • A democracia parte do pobo (demos = pobo; cracia = goberno), de xeito que o goberno debe ser do pobo. Así e todo, a maior parte da clase política nin sequera nos escoita. As súas funcións deberían ser as de levar a nosa voz ás institucións, facilitando a participación política e cidadá mediante vías directas e procurando o maior beneficio para o groso da sociedade, non a de se enriqueceren e medraren a expensas de nós, atendendo unicamente aos ditados dos grandes poderes económicos e aferrándose ao poder mediante unha ditadura partitocrática encabezada polas inamovibles siglas do PPSOE.
  • A ansia e acumulación de poder nunhas poucas mans xera desigualdade, crispación e inxustiza, o cal conduce á violencia, que nós rexeitamos. O obsoleto e antinatural modelo económico vixente bloquea a maquinaria social nunha espiral que se consome a si mesma enriquecendo unha minoría e sumindo o resto na pobreza e escaseza. Até o colapso.
  • A vontade e fin do sistema é a acumulación de diñeiro, primándoa por riba da eficacia e o benestar da sociedade, estragando recursos, destruíndo o planeta, xerando desemprego e consumidores infelices.
  • Os cidadáns somos parte da engrenaxe dunha máquina destinada a enriquecer unha minoría que non sabe nin das nosas necesidades. Somos xente anónima, pero sen nós, nada disto existiría, pois nós movemos o mundo.
  • Se como sociedade aprendemos a non confiar o noso futuro a unha abstracta rendibilidade económica que nunca redunda en beneficio da maioría, poderemos eliminar os abusos e carencias que todos e todas nós sufrimos.
  • É necesaria unha revolución ética. Puxemos os cartos por riba do ser humano, mais temos que pólos ao noso servizo. Somos persoas, non produtos do mercado. Eu non son só quen compro, por que o compro e a quen llo compro.
Por todo o exposto, estamos indignados, estamos indignadas.
Cremos que podemos mudalo.
Cremos que podemos axudar.
Sabemos que, unidos, podemos.
Sae connosco. É o teu dereito.