Mostrando entradas con la etiqueta ACTIVIDADES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ACTIVIDADES. Mostrar todas las entradas

lunes, 16 de noviembre de 2015

TAREFA 2. ACTIVIDADE COLABORATIVA

A TAREFA DEBERÁ SER PRESENTADA ANTES DO MARTES, 1 DE DECEMBRO

Vouvos propoñer unha actividade para realizar en grupos de 4 membros. O traballo comeza a partir da lectura crítica dun artigo xornalístico que trata un tema de actualidade. Cada grupo deberá elexir un dos dous temas e elaborar un traballo que deberedes presentar na aula.

INDICACIÓNS PREVIAS:
1.       Todos/as compoñentes do grupo deben participar. Con ese fin, repartiredes os roles que cada un/unha de vós debe desempeñar no grupo. Xa que o traballo final non consiste nunha soa tarefa, podedes distribuir as funcións atendendo ás capacidades ou motivacións persoais: redacción, elaboración de materiais multimedia, búsqueda de materiais na rede, facilidade para falar en público, coordinación...
2.       Esta distribución debe quedar reflexada nun documento que acredite este reparto de funcións e corresponderá á persoa que se encargue da coordinación.

INDICACIÓNS SOBRE O TRABALLO
1.       Elexide un dos seguintes temas e o seu correspondente artigo xornalístico enlazado.
Cando decidades que tema elexir, debedes comezar por:
2.       Ler o artigo, atenta e críticamente, subraiando e anotando todo aquilo que vos pareza importante, especialmente a argumentación ou puntos de vista que aparecen no artigo. Deberedes, pois, considerar tanto os argumentos a favor como en contra fronte ao problema plantexado no artigo.
3.       Finalmente, elaboraredes a vosa propia argumentación atendendo aos pros e aos contras e apoiándovos en fontes que poderedes atopar na rede.

Presentación do traballo:
4.       Elaborar unha presentación multimedia que sirva de apoio para a presentación na aula.
Para a elaboración deste traballo deberedes utilizar a plataforma google drive. Lembrade que tendes que ter conta individual de gmail e que se trata dun traballo en nube.
Crearedes unha presentación de diapositivas que compartiredes cos demais membros do equipo.
·         Nela deberán figurar, aparte do contido (conciso e significativo), os recursos que estimedes oportunos para facer dinámica a presentación na aula (como mínimo un vídeo insertado (de non máis de 10 minutos) e unha imaxe en cada diapositiva).
RECURSOS
Pensión alimentaria


Consumismo
Comprar, tirar, comprar. TVE2 (documental de referencia)

CRITERIOS DE AVALIACIÓN.
4
3
2
1
Reparto de tarefas.
O reparto de tarefas é
equitativo e compartido por todos/as os/as membros do grupo e está documentado.
O reparto de tarefas
parece que non é
equitativo e non
queda
suficientemente
documentado.
Unha persoa non fixo parte do seu traballo.
Varias persoas no grupo non fixeron a súa parte do traballo.
Contido
Demostra un completo entendemento do tema
e incorpora argumentos consistentes.
Demostra un bo entendemento do tema
pero non toma partido con claridade.
Demostra un bo entendemento de partes do tema e a argumentación é incompleta.
Non parece entender ben o tema.
Presentación oral.
Interesante e moi ben presentada.
Relativamente interesante: presentada con bastante propiedade.
Algúns problemeas na presentación, pero foi capaz de manter o interese da audiencia.
Mal presentada e non acadou a atención da audiencia.
Fala Claramente
Fala claramente e distintivamente todo (100-95%-95) o tempo e non ten mala pronunciación.
Fala claramente e distintivamente todo (100-95%-95) o tempo, pero cunha mala pronunciación.
Fala claramente e distintivamente todo (100-95%-95) o tempo e non ten mala pronunciación.
A miúdo fala entre dentes ou non se lle pode entender ou ten mala pronunciación.
Postura do Corpo e Contacto Visual
Ten boa postura, vese relaxado e seguro de si mesmo. Establece contacto visual con todos no salón durante a presentación.
Ten boa postura e establece contacto visual con todos/as no salón durante a presentación.
Algunhas veces ten boa postura e establece contacto visual con todos/as.
Ten mala postura e non mira as persoas durante a presentación.


TAREFA 1

Elaboración dunha presentación de diapositivas para dar a coñecer a Fundación Jane Goodall e o traballo que desnenvolve en África.

Grupo de traballo de 2 persoas.
Data de entrega: luns, 9 de novembro.

O contido da presentación debe contar cos seguintes puntos:
  1. Os cometidos da Fundación Jane Goodall.
  2. Achegamento á vida e á obra de Jane Goodall.
  3. Características fundamentais das especies de chimpancés:
  4. Filiación coa nosa especie, localización dos hábitats, características anatómicas, relacións sociais, linguaxe, uso de ferramentas.
  5. Cales son os problemas que teñen na actualidade e cales son as causas?
  6. Que se pode facer para evitar a extinción?

A tarefa deberá realizarse utilizando as ferramentas de traballo cooperativo en nube (drive).
A presentación deberá ir acompañada dun breve informe no que describades a dinámica do traballo realizado: reparto de tarefas, dificultades, valoración do interese que ten o mesmo para vós ou calquer reflexión que poida ser de interese.

Criterios de valoración:

1/ O aspecto formal: o atractivo visual da presentación, a presenza e pertinencia de imaxes que ilustren e complementen o contido, a ausencia de faltas de expresión e faltas de ortografía…
5 / O contido: que recolla dunha maneira sintética o contido esencial da temática, de tal maneira que queden cubertos todos os puntos orientativos da guía.
2/ O traballo cooperativo (informe): a capacidade de traballar de maneira conxunta nun grupo de traballo/investigación en relación aos obxectivos da tarefa.
2/ O uso das ferramentas TICs para a elaboración do traballo (presentación de diapositivas, documentos on line e transmisión de información).

miércoles, 30 de septiembre de 2015

MOBILIZÁMONOS POR MÓBILES E ALIMENTOS

Un ano máis, e desgraciadamente o último dunha produtiva andaina que remata por mor da LOMCE, o grupo de Ética e filosofía do dereito, estase a organizar para sacar á luz dúas camapañas que manteremos ao longo de todo este curso académico.
Coa primeira, MOBILÍZATE, pretendemos recoller o maior número de teléfonos móbiles para reciclar e, desta forma, colaborar co centro Tchimpounga, do Instituto Jane Goodall, que acolle a 150 chimpancés orfos. A campaña serviranos para sensibilizar á cidadanía sobre as consecuencias que a nosa alta demanda de coltán, casiterita e outros minerais para produtos electrónicos ten sobre as zonas de extracción, situadas na República Democrática do Congo, nada menos ca 6 millóns de mortos e case 3 millóns de refuxiados como consecuencia da guerra, deforestación, contaminación e matanzas de animais en perigo de extinción como gorilas e chimpancés.
Boceto do Cartel da Campaña

Coa segunda, e non menos importante, RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS, continuamos un proxecto de colaboración coa Fundación Amigos de Galicia, iniciado xa hai oito anos grazas á iniciativa do alumnado. Cada mes faremos chegar ás familias unha breve nota informativa na que se determinará que tipo de producto alimentario ou de hixiene persoal se vai recoller.

viernes, 24 de abril de 2015

TAREFA: DISERTACIÓN ESCRITA SOBRE INMIGRACIÓN.

A través dos seguintes enlaces podes acceder ça guía para a elaboración da disertación así como á rúbrica de avaliación.

Guía e recursos
Rúbrica

jueves, 9 de abril de 2015

A PENA DE MORTE


Déixovos aquí o documento que contén os recursos básicos para a elaboración dunha disertación escrita (texto argumentativo) sobre a pena de morte. É moi importante que teñades en conta os criterios de avaliación contidos na rúbrica que se anexa no enlace; as rúbricas conteñen os indicadores que me permitirán ser máis obxectivo na cualificación do voso traballo. Vale para min e para vós, non o esquezades.

A data de entrega é o VENRES, 17 DE ABRIL.

Recursos (materiais útiles para a elaboración da disertación).
Rúbrica  (criterios de avaliación para a cualificación do traballo).
Material complementario

domingo, 19 de octubre de 2014

sábado, 6 de octubre de 2012

MEDIOS DE COMUNICACIÓN E REALIDADE SOCIAL

En relación co comentario de texto sobre a pobreza en España que fixéchedes, falamos do sentimento de autoculpabilidade que se estende sobre a sociedade civil no momento actual de crise económica. Penso que vén a conto este curto texto do Psicolingüista Noam Chomsky titulado Dez estrategias de manipulación mediática.

jueves, 3 de mayo de 2012

GANDHI

A través do seguinte enlace podes acceder ao cuestionario que deberás cumprimentar logo de que remate a película. Nel encontrarás acceso á ficha técnica da longametraxe, aforismos e cuestións relacionadas co visionado.
http://www.edu.xunta.es/centros/iesaquiscelenis/node/529


miércoles, 2 de mayo de 2012

VISITA DO GRUPO DE AUTOXESTORES DE AMIPA (PADRÓN)

No noso pequeno ximnasio, nunha improvisada actividade deportiva.
Na charla celebrada no salón de usos múltiples, unha reflexión compartida sobre a discapacidade.


A obrigada  foto de grupo.
A nosa cafetería é un espazo apropiado para continuar a charla distendida.

PROXECTO DE ACOMPAÑAMENTO NA RESIDENCIA DE ANCIÁNS DE CALDAS DE REIS

Como forma de documentar dalgún xeito a actividade desenvolvida na residencia de anciáns, sirvan estas fotos tiradas o venres, 13 de abril de 2012.





martes, 10 de abril de 2012

jueves, 24 de noviembre de 2011

A DEMOCRACIA A EXAME - MOVIMENTO 15-M

A democracia a exame: democracia representativa-democracia asamblearia. Actividade da materia Ética e filosofía do dereito. Departamento de filosofía. Curso 2011-2012. IES AQUIS CELENIS. Venres, 11 de novembro.

viernes, 4 de noviembre de 2011

A DEMOCRACIA A EXAME (ACTIVIDADE)