Elaboración dunha
presentación de diapositivas para dar a coñecer a Fundación Jane Goodall e o
traballo que desnenvolve en África.
Grupo de traballo de 2 persoas.
Data de entrega: luns, 9 de novembro.
O contido da presentación debe contar cos seguintes puntos:
- Os cometidos da Fundación Jane Goodall.
- Achegamento á vida e á obra de Jane Goodall.
- Características fundamentais das especies de chimpancés:
- Filiación coa nosa especie, localización dos hábitats, características anatómicas, relacións sociais, linguaxe, uso de ferramentas.
- Cales son os problemas que teñen na actualidade e cales son as causas?
- Que se pode facer para evitar a extinción?
A tarefa deberá realizarse utilizando as ferramentas de
traballo cooperativo en nube (drive).
A presentación deberá ir acompañada dun breve informe no que
describades a dinámica do traballo realizado: reparto de tarefas, dificultades,
valoración do interese que ten o mesmo para vós ou calquer reflexión que poida
ser de interese.
Criterios de valoración:
1/ O aspecto formal: o atractivo visual da presentación, a
presenza e pertinencia de imaxes que ilustren e complementen o contido, a
ausencia de faltas de expresión e faltas de ortografía…
5 / O contido: que recolla dunha maneira sintética o contido
esencial da temática, de tal maneira que queden cubertos todos os puntos
orientativos da guía.
2/ O traballo cooperativo (informe): a capacidade de
traballar de maneira conxunta nun grupo de traballo/investigación en relación
aos obxectivos da tarefa.
2/ O uso das ferramentas TICs para a elaboración do traballo
(presentación de diapositivas, documentos on line e transmisión de
información).