Mostrando entradas con la etiqueta CONSUMISMO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONSUMISMO. Mostrar todas las entradas

miércoles, 30 de septiembre de 2015

MOBILIZÁMONOS POR MÓBILES E ALIMENTOS

Un ano máis, e desgraciadamente o último dunha produtiva andaina que remata por mor da LOMCE, o grupo de Ética e filosofía do dereito, estase a organizar para sacar á luz dúas camapañas que manteremos ao longo de todo este curso académico.
Coa primeira, MOBILÍZATE, pretendemos recoller o maior número de teléfonos móbiles para reciclar e, desta forma, colaborar co centro Tchimpounga, do Instituto Jane Goodall, que acolle a 150 chimpancés orfos. A campaña serviranos para sensibilizar á cidadanía sobre as consecuencias que a nosa alta demanda de coltán, casiterita e outros minerais para produtos electrónicos ten sobre as zonas de extracción, situadas na República Democrática do Congo, nada menos ca 6 millóns de mortos e case 3 millóns de refuxiados como consecuencia da guerra, deforestación, contaminación e matanzas de animais en perigo de extinción como gorilas e chimpancés.
Boceto do Cartel da Campaña

Coa segunda, e non menos importante, RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS, continuamos un proxecto de colaboración coa Fundación Amigos de Galicia, iniciado xa hai oito anos grazas á iniciativa do alumnado. Cada mes faremos chegar ás familias unha breve nota informativa na que se determinará que tipo de producto alimentario ou de hixiene persoal se vai recoller.

martes, 27 de noviembre de 2012

A CARA OCULTA DO CONSUMO INDUSTRIAL I

Neuropublicidade ou como crear necesidades de consumo

Sobre os lobbys da industria de alimentos
O pan noso de cada día.


Informe sobre as condicións das granzas de patos para a produción de foie gras.


A CARA OCULTA DO CONSUMO INDUSTRIAL II



Campaña de Greenpeace contra a utilización de produtos químicos perigosos na produción de prendas textís.

miércoles, 16 de noviembre de 2011

A APARIENCIA DEMOCRÁTICA NA PUBLICIDADE

En relación coa charla que tivemos sobre democracia representativa e democracia asamblearia e as cuestións relacionadas, nomeadamente a das relacións entre economía e política, creo que é interesante botarlle unha ollada a estas dúas campañas publicitarias. A primeira é a do manifesto fresh banking, do banco on line ING.
 http://www.manifiestodelfreshbanking.com/
A segunda, da compañía de telefonía móbil Movistar. Dous exemplos da alquimia publicitaria, do poder máxico da súa linguaxe, que é capaz de xuntar os contrarios, non sei se se entende. Comezamos examinando as calidades metafísicas do fresh banking E continuamos co "movimento asambleario" de Movistar. Que güai.

domingo, 20 de marzo de 2011

A ILLA DE FLORES (v. o. subtitulada)

martes, 22 de febrero de 2011

SANTAS REBAIXAS

Denunciamos un sistema que no es necesario, que basa su crecimiento en el espolio insaciable de pueblos, culturas y entornos naturales.
La sociedad está en crisis, y nosotros con ella. No tiene sentido aferrarse a los viejos pilares de un sistema que se derrumba.
Esperamos que estas imágenes te animen también a levantarte de tu butaca y poner fin al espectáculo.
Bienvenida la guerra de la imaginación contra el poder.
Pensamiento crítico y acción ciudadana.