Deberedes ir preparando a avaliación da actividade Obradoiro de Prevención de drogodependencias, unha redacción persoal sobre as cuestións tratadas na sesión. Eu teño que editar a gravación en vídeo para enviarlle unha copia ao equipo terapéutico de Monterroso á que adxuntarei unha memoria avaliativa, as vosas e a miña. Dixéronme que pensan editar un artigo na revista que publican alí sobre a actividade. Vémonos.