lunes, 15 de septiembre de 2014

EXPERIMENTO DE ZIMBARDO NA PRISIÓN DE STANFORD

O experimento do cárcere de Stanford é un coñecido estudo psicolóxico sobre a influencia dun ambiente extremo, a vida en prisión, nas condutas desenvolvidas polo ser humano, dependente dos roles sociais que desenvolvían (preso-garda). Foi levado a cabo en 1971 por un equipo de investigadores liderado por Philip Zimbardo da Universidade de Stanford. Reclutáronse voluntarios que desempeñarían os roles dos gardas e prisioneiros nunha prisión ficticia. Porén, o experimento fóiselles axiña das mans e cancelouse na primeira semana. as preocupacións éticas que envolven aos experimentos famosos a miúdo establecen comparacións co experimento de Milgram, que foi levado a cabo en 1963 na Universidade de Yale por Stanley Milgram, un antigo amigo de Zimbardo.